lunes, 30 de noviembre de 2009
Algo máis ca correr
Eu cando corro non estou pensando na carreira ou no entrenamento, penso en chegar a meta e ocupo a mente con outras cousas como cancións, esta que vos propoño é unha das miñas favoritas.
Fotos variadas
Mirade esta presentación. Son algunhas fotos de corredores populares onde podedes ver á cantidade de persoas que se reúnen para un mesmo fin: pasalo ben correndo, facendo algo san! Tamén hai unha foto dos típicos primeiros, un negrito e un blanco detrás jaja!
Carreira de Santiago
Aquí falo un pouco da carreira. Nesta páxina podedes obter algunha información da carreira de Santiago, pero para saber datas e inscribirvos e andar polo mundillo das carreiras ide a: correrengalicia.org, championchipnorte e carreraspopulares.com
jueves, 26 de noviembre de 2009
San Silvestre!!
Son uns 10km pero non están homologados, polo que poden uns metros de máis ou de menos. Ambas son moi bonitas cun percorrido pola vila, en Allariz vas un tramo pola beira do río e a de Castrelo é bastante dura porque hai moitos cambios de nivel. Escollede a que máis vos guste, a que vos quede máis preto ou a que apostedes a pedra, papel, tesoira cos vosos amigos.
Moitos dos participantes levan un gorro de Papá Noel ou algo de navidade para pasalo inda mellor
É unha fantástica maneira para rematar o ano.
martes, 17 de noviembre de 2009
Nós na carreira!
Aquí estamos ao comezo da carreira! Pasando por Salesianos. Neste tramo inda non chovía pero despois quedamos empapadas! Pero a choiva non foi quen de impedir a carreira e fumos moitos os participantes. Pareceunos algo dura pero iso non impediu que o pasaramos moi ben.
A partir de agora falarei de outras carreiras de diversos puntos de Galicia e se cadra fago algunha escepción con algunha estranxeira, xa o veredes!
San Martiño 2009!
lunes, 16 de noviembre de 2009
Carreira do San Martiño

Esta carreira é para min a máis importante de todas, cun bonito percorrido por toda a cidade. Ven sendo o fin de semana do festivo do noso patrón -San Martiño- o 11 de novembro.
O tempo é bastante bo todos os anos peo este, como escepción que confirma a regla, choveu! Todo o que quixo e un pouco máis, sobre todo contra o final e na carreira das categorias escolares.
Invítovos a que veñades pois pasarédelo moi ben!
jueves, 12 de noviembre de 2009
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
