jueves, 26 de noviembre de 2009

San Silvestre!!

Na nosa provincia temos dúas carreiras o 31 de decembro, unha en Allariz e outra en Castrelo de Miño. E se sodes moi aficcionados ata podedes ir ás dúas porque unha é pola mañá e a outra pola tarde.

Son uns 10km pero non están homologados, polo que poden uns metros de máis ou de menos. Ambas son moi bonitas cun percorrido pola vila, en Allariz vas un tramo pola beira do río e a de Castrelo é bastante dura porque hai moitos cambios de nivel. Escollede a que máis vos guste, a que vos quede máis preto ou a que apostedes a pedra, papel, tesoira cos vosos amigos.

Moitos dos participantes levan un gorro de Papá Noel ou algo de navidade para pasalo inda mellor

É unha fantástica maneira para rematar o ano.

No hay comentarios:

Publicar un comentario